O Deportivo abre a xornada da 1ª RFEF no campo do modesto Tarazona

Na G2 veremos dous partidos, os do Arenteiro diante do Cornellá (sábado, 19:00) e o do Lugo en Sabadell (domingo ás 16:00)

G24.gal 17/11/2023 21:35

A décimo terceira xornada en Primeira Federación ábrese co Deportivo-Tarazona. Os coruñeses viaxan a Zaragoza para medirse cun equipo que pelexa por saír dos postos de descenso. Os de Idiákez, que queren darlle continuidade á vitoria de Riazor, contan con seis baixas. Pablo Vázquez, indiscutible ata agora, volve estar dispoñible.

Con esa mesma ansia de escalar postos na clasificación, O Arenteiro recibe o Cornellá en Espiñedo, partido que poderán seguir a través da G2. Os de Javi Rey, que a semana pasada colleitaron un punto valiosísimo ante o filial da Real Sociedade, séntense fortes para seguir sumando.

A Galega tamén estará no Sabadell-Lugo o domingo ás catro da tarde. Os de Munitis, que a semana pasada caeron goleados no Anxo Carro, visitan o pechacancelas sen Willy Ledesma nin Morgado.

O Celta Fortuna xoga na casa do Teruel, penúltimo clasificado. Tras impoñerse a Unionistas na última xornada da liga, os celestes queren sumar de tres pra ter opcións de asaltar o liderado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos