Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo non pode cun férreo Oviedo

O Deportivo non pode cun férreo Oviedo

Un gol no minuto 6 do Oviedo foi suficiente para dobregar o Dépor

G24.gal 17/08/2024 18:59

Regreso ao fútbol profesional do Deportivo despois de 4 anos no barro da Primeira RFEF -anteriormente Segunda B. Riazor tinguido de branco e azul recibía o equipo coruñés con moita emoción, pero as alegrías non duraron moito. 

Falta lateral para o Oviedo, equipo que estivo a piques de subir a primeira a tempada pasada, centro, e gol de Alberto del Moral. O gol foi anulado en primeira instancia, pero tras unha longa revisión o VAR concedeu o gol ao encontrarse o xogador do Oviedo en posición legal, minuto 8 e o futuro víase moi negro. 

Pese ao duro golpe recibido polo Dépor, o equipo non decaeu, todo o contrario, creceu e fíxose co control do balón, tentando as combinacións por dentro para deixar a Mella ou a Yeremay sós co seu par. O equipo herculino xeraba inquietude, pero non foi quen de xerar ocasións claras en toda a primeira metade.

A segunda metade comezou cunha boa oportunidade de Mario Soriano, gran condución co balón pegado ao pé, pero o disparo saíu moi centrado. O Dépor era o dono do partido e asediaba a férrea defensa dun Oviedo que non era capaz de dar dous pases seguidos. O Deportivo tivo a ocasión máis clara do partido tras un centro lateral, pero un desvío de David Costas e as partes nobres do meta Aarón Escandell desbarataron a mellor ocasión do partido.

E igual que na primeira parte o Deportivo tentaba e tentaba pero non lle deu para máis. O temperán gol do Oviedo foi suficiente para dobregar un Deportivo que ten bos vimbios, pero necesitará algo máis de claridade na zona de tres cuartos para gañar partidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar