O Deportivo reclama un título de Copa de 1912
O Deportivo reclama un título de Copa de 1912
A entidade coruñesa queda á espera dunha resposta favorable da RFEF
"Da Sala Calvet ao título esquecido" é o título do libro do xornalista e historiador Rubén Ventureira, no que o autor afonda nos primeiros anos da historia do Deportivo. Nel descobre a existencia dun título de Copa gañado polos brancos e azuis en 1912, e de momento non recoñecido.
Ao abeiro desta investigación, o Deportivo iniciou xestións diante da Federación Española para obter o recoñecemento do que sería o seu sétimo título oficial.
Rubén Ventureira: "Hai que esperar unha decisión da Federación. Estimo que vai ser positiva porque no libro está ben argumentado".
A entidade coruñesa queda á espera dunha resposta favorable da RFEF
#ANOSAHISTORIA | Hai 24 horas presentábase o libro sobre a orixe do RC Deportivo que desvela o título esquecido: 🏆 a Copa España de 1912. Na nosa canle de Youtube xa podes ver o acto completo de presentación: https://t.co/c7CNu58iRb pic.twitter.com/DikrUo8ofF
— RC Deportivo (@RCDeportivo) December 21, 2022