Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Día Mundial de Internet reivindica un maior protagonismo das persoas maiores na tecnoloxía

O Día Mundial de Internet reivindica un maior protagonismo das persoas maiores na tecnoloxía

A rede de redes provocou a aparición de novas profesións e a dixitalización de sectores tradicionais

Un proceso acelerado pola pandemia, pero que ten unha materia pendente: as persoas maiores

G24.gal 17/05/2022 22:32

Internet naceu nos anos 80 e o seu impacto mudou a vida por completo. Youtubers, influencers, instagramers... A rede de redes provocou a aparición de novas profesións e a dixitalización de sectores tradicionais. 

Facilitou as comunicacións, cambiou o xeito de relacionarse e tamén de consumir. Case todo pasa polas redes. Un proceso acelerado pola pandemia pero que segue a ter unha materia pendente: as persoas maiores. 

Precisamente este 17 de maio, Día Mundial de Internet, reivindica un maior protagonismo das persoas maiores nas tecnoloxías e na sociedade da que forman parte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade