Publicador de contidos
Publicador de contidos

O dispositivo da Xunta recolleu 24 quilos de 'pellets' o domingo pasado

O dispositivo da Xunta recolleu 24 quilos de 'pellets' o domingo pasado

Os labores de recollida aéreas e marítimas poderían verse condicionadas este luns a causa do temporal

Dende o inicio do dispositivo, os voluntarios e os concellos lograron recoller 1.272 quilos dos microplásticos

Recollida de 'pellets' nos areais galegos Recollida de 'pellets' nos areais galegos
G24.gal 22/01/2024 15:49

O dispositivo despregado pola Xunta para limpar os pellets das praias e do mar logrou recoller 24 quilos destes microplásticos. Así mesmo, engádese a recollida de 560 quilos de plásticos doutros tipos.

O balance actual establece a recuperación dun total de 3.542 quilos dos granulados verteduras polo mercante Toconao en augas portuguesas o pasado mes de decembro. Así, a cifra equivalería a 114 sacos. Ademais, contando dende o 10 de xaneiro, retiráronse dos areais 10.850 quilos doutros plásticos asimilables a residuos urbanos.

Segundo informou o Executivo galego, dende o inicio do dispositivo, os efectivos da Xunta contabilizaron a recollida doutros 1.272 quilos de pellets, froito do traballo de voluntarios. Tamén os sacos recuperados enteiros ou case cheos.

Este luns traballan nas praias galegas arredor de 350 efectivos repartidos por 46 praias pertencentes a unha vintena de concellos. Mentres, por mar, o Servizo de Gardacostas continúa facendo un seguimento da situación mantendo activos os helicópteros Pesca 1 e Pesca 2, catro embarcacións de gran porte (o Sebastián de Ocampo, o Irmáns García Nodal, o Ría de Vigo e o Mar de Galicia), así como oito patrulleiras de menores dimensións. A Xunta tamén destaca que durante esta xornada o Goberno central non achegou ningún medio ao operativo.

Por outra parte, a Consellería de Medio Ambiente subliña, a través dunha nota de prensa, que os medios aéreos e marítimos poden ver condicionada a súa actuación polas condicións meteorolóxicas e pola necesidade de atender outras obrigacións, como o apoio aos máis de 4.000 buques pesqueiros e ao redor de 1.300 barcos bateeiros da comunidade, ou salvamento ou a vixilancia e control da frota.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade