Publicador de contidos
Publicador de contidos

O documental 'Peregrinas', do xuíz Vázquez Taín, comeza a súa andaina

O documental 'Peregrinas', do xuíz Vázquez Taín, comeza a súa andaina

É unha homenaxe ás mulleres que axudaron a construír os camiños de Santiago

A presentación tivo lugar no auditorio da Cidade da Cultura 

Proximamente estrearase na Televisión de Galicia

Fotograma do documental 'Peregrinas', de Vázquez Taín e a produtora Mundoredondo
G24.gal 18/01/2022 21:10

Raíñas, nobres, santas e tamén anónimas. En case calquera século, un terzo dos peregrinos foron mulleres ata 2017, en que superaron os varóns.

Vázquez Taín quere homenaxealas a todas desde a historia de 4 delas nun documental pioneiro desde a súa perspectiva de xénero, nunca contada. Páxinas apaixonantes da historia de Galicia. 

José Antonio Vázquez Taín, director e guionista de 'Peregrinas' tivo un obxectivo claro:

"Facerlles unha homenaxe tanto ás que mandaron construír o Camiño como ás que o fixeron na Idade Media, que lles custaba moito máis ca os homes". "Resultoume curioso cando fun rexistrar o guión que non houbese ningunha idea previa".

Dous anos lle levou ordenar no guión e plasmar no documental toda a historia que aprendeu durante moitos máis anos nos libros, consciente das carencias e inexactitudes que di encontrar nos documentais e películas sobre o tema.

"Antes de rematar o documental xa temos algún contacto co estranxeiro", asegura Vázquez Taín, fachendoso.  

Estas 'Peregrinas', da produtora Mundoredondo, comezaron este serán a súa andaina nun auditorio da Cidade da Cultura ateigado e expectante. A vindeira meta é a súa estrea na Televisión de Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade