Publicador de contidos
Publicador de contidos

A OMS estuda considerar o edulcorante aspartamo como potencialmente canceríxeno

A OMS estuda considerar o edulcorante aspartamo como potencialmente canceríxeno

Trátase dun ingrediente non calórico habitual en bebidas 'light', doces e outros produtos alimentarios

O aspartamo é un dos edulcorantes sintéticos máis utilizados na industria alimentaria
G24.gal 30/06/2023 15:01

É un dos edulcorantes máis utilizados en todo o mundo na industria alimentaria. O aspartamo é 200 veces máis doce que azucre, pero moi baixo en calorías, de aí o seu éxito. 

Está presente en moitos produtos da gama cero calorías, pero tamén en bebidas enerxéticas, gomas de mascar, lambonadas e incluso produtos farmacéuticos, aínda que non é doado identificalo no etiquetado.

Hai máis de 20 anos que o aspartamo está no punto de mira polo seu potencial canceríxeno.

 "Hai estudos de hai anos que reflectían iso e todo apuntaba por aí, o que pasa que tardaron moito, moito", conta un médico.

A Axencia Internacional de Investigacións sobre o Cancro, un órgano que depende da OMS, está agora avaliando se o aspartamo ten substancias canceríxenas e todo apunta a que si.

Haberá que agardar ao día 14 que van anunciar os resultados. Saberemos se o retiran do mercado ou establecen unha nova dosificación máis axeitada para o consumo humano.

"Hai un principio en toxicoloxía que dice que nada é inócuo e todo é tóxico só depende das doses pero despois hai produtos que tamén o tabaco e esas cousas non?, iso xa en función de cada quen", conta un veterinario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade