Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Eldense remonta (2-0) e deixa o Celta B fóra da loita polo ascenso

O Eldense remonta (2-0) e deixa o Celta B fóra da loita polo ascenso

O filial vigués non puido conservar a vantaxe do 3-2 da ida

G24.gal 10/06/2023 21:23

O soño do ascenso para o Celta B morreu en Elda. E morreu porque Fernando Estévez, técnico do Eldense, traballou para desequilibrar desde a súa banda dereita. E por aí levou o partido. Por aí deu o primeiro aviso, co lateral Abad no centro e Nieto no remate. 

E aínda que o Celta pareceu ter armas para contrarrestar, como a conexión Lauti-Íker Losada. O certo é que foi un espellismo. Que o filial se amosou como un equipo tímido, que se afundiu e nunca encontrou resposta para bloquear a banda dereita rival. Un coitelo. Co lateral Abad e o interior Cristian Montes. Montes contra o pao.

No arranque da segunda parte, outra mostra cun novo centro de Toni Abad e remate de Soberón. Eles serían os protagonistas do primeiro gol. A xogada nace co pase filtrado de Cris Montes e a enésima incursión de Abad. O remate, espectacular....  de Soberón. Co calcaño. Fermoso recurso. Minuto 55. 

O gol acabou de noquear aos galegos que, a penas 13 minutos despois, encaixaban o segundo nun balón parado e nunha cabezada doada de Nieto. 2-0. Con todo perdido o Celta tratou de arriscar, de buscar... Mais nunca atopou o xeito. E así caeu, como un equipo ramplón, sen personalidade. Xusto todo o contrario do que lle vimos esta temporada.       

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade