Publicador de contidos
Publicador de contidos

O encaremento de materias primas golpea a industria conserveira

O encaremento de materias primas golpea a industria conserveira

Temen que os problemas de abastecemento afecten a produción

En Galicia hai máis de 12.500 persoas empregadas no sector conserveiro

G24.gal 25/11/2021 14:30

As empresas conserveiras están a vivir un momento de tensión. Enfrontan subas de prezos e dificultades para acceder a materias primas como poden ser a lata, o aluminio ou mesmo atún, a máis importante para o sector.

Detrás desta crise hai un problema global. Apuntan, por exemplo, que o transporte por contedor elevou ata nun 600 % o seu custo e os combustibles máis dun 100 %. Temen que estas cifras repercutan na súa produción o ano que vén e mesmo destrúan postos de traballo.

En Galicia hai máis de 12.500 persoas empregadas no sector conserveiro. Dende a asociación nacional ANFACO reclaman que o Goberno español e Unión Europea tomen medidas para garantir a viabilidade desta industria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade