Publicador de contidos
Publicador de contidos

O ensilado de herba pode saír de media 2.000 euros máis caro ca hai un ano

O ensilado de herba pode saír de media 2.000 euros máis caro ca hai un ano

Os gandeiros esperan obter arredor de 10 toneladas por hectárea

Unha hora de traballo na ensila xa se paga a 400 euros

G24.gal 05/04/2022 20:21

Que vaia ben segada, co nivel axeitado de humidade, correctamente picada e conservada nas mellores condicións. A herba forraxeira deste ano é un ben moi prezado e como tal hai que tratala. Boa parte dos fertilizantes triplicaron o seu prezo e as empresas que fan o servizo de ensilado tiveron que aumentar as tarifas polo custo do combustible. Unha hora de traballo pode chegar a 400 euros. Os silos deste ano van saír, de media, 2.000 euros máis caros que hai un ano.

O habitual é que a ración das vacas leve un 60 % de forraxes propias e un 40 % de concentrados. O obxectivo de moitas explotacións é reducir nun 10 % a dependencia dos concentrados porque as fábricas de pensos xa anunciaron subas e a tonelada pódese situar por riba dos 400 euros por vez primeira. Así, o ensilado da herba agora e a colleita de millo máis adiante van ter unha importancia decisiva.

Este ano agárdase obter por cada hectárea arredor de dez toneladas de herba para silo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos