Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza a campaña do ensilado da herba

Comeza a campaña do ensilado da herba

O tempo seco e o bo estado das gramíneas fai que moitos produtores empecen cos traballos

Na cooperativa Ganxabar van encher na primeira semana un silo con herba de 250 hectáreas 

Tractores traballando nunha parcela en Mazaricos
G24.gal 06/04/2023 14:14

O agro tamén ten a súa particular procesión nesta Semana Santa. Colleitadoras e tractores van e veñen das parcelas coa herba cortada para meter nos silos. 

Na cooperativa Ganxabar (Xallas-Barcala) empezaron o luns empurrados por unhas condicións inmellorables. Non chove e a herba está no seu punto. Iván Campos di que ten un brillo espectacular e que cortan xa porque nada garante que cambie o tempo e veña unha semana de chuvia.

Eles foron dos primeiros en empezar pero na comarca xa se ven moitas fincas cortadas. Na primeira semana van encher un silo con herba collida en 250 hectáreas e a semana que vén contan facer outro.

Un proceso con claves

Unha vez que se corta a herba debe repousar na parcela un día ou dous para perder algo de humidade antes de ensilar. É un traballo que vai máis aló de cortar e gardar. A escolla da semente, o encalado das terras e a fertilización das parcelas son factores moi importantes á hora de ter unha boa colleita.

Unha vez que rematen co ensilado comezarase a traballar a terra para sementar o millo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar