Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ensino ficha a canadense Jessica Fequiere

O Ensino ficha a canadense Jessica Fequiere

A ex-xogadora do Baxi é a oitava incorporación que confirma o Ensino para a tempada 2024-25

G24.gal 09/07/2024 12:22 Última actualización 09/07/2024 12:28

A aleira canadense Jessica Fequiere converteuse este martes na oitava incorporación do Durán Maquinaria Ensino, co que asinou un contrato ata xuño de 2025.

“Estou moi feliz de formar parte do equipo a próxima tempada. Teño moitas ganas de chegar a Lugo para competir e gozar do baloncesto”, declarou a ex-xogadora do Baxi Ferrol.

Nesta última tempada, Fequiere disputou 30 partidos da fase regular da liga Endesa co Baxi Ferrol, nos que fixo unha media de 5.14 puntos, 3.3 rebotes e 0.6 asistencias.

“É unha xogadora tremendamente eficiente, capaz de achegar en moitas facetas, ben sexa en anotación no perímetro, no poste baixo ou en rebote ofensivo. Traballadora incansable, vén a Lugo a demostrar que pode ser importante na liga”, manifestou o seu novo adestrador Antonio Pernas.

A xogadora canadense é a oitava incorporación que confirma o Ensino para a tempada 2024-25 tras as estadounidenses Rachel Howard, Lydia Giomi e Alexy Mollenhauer e as españolas Esther Castedo, Claudia Soriano, Elba Garfella e Laia Lamana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade