Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ensino ficha a escolta estadounidense Rachel Howard, procedente do Baxi Ferrol

O Ensino ficha a escolta estadounidense Rachel Howard, procedente do Baxi Ferrol

A americana é a sexta xogadora que confirma o Ensino para a tempada 2024-25

G24.gal 13/06/2024 12:34 Última actualización 13/06/2024 12:40

O Durán Maquinaria Ensino anunciou este xoves a fichaxe da escolta estadounidense Rachel Howard, quen chega ao equipo lucense procedente do Baxi Ferrol.

“Talento competitivo ao servizo do equipo, ademais dunha gran anotadora. Pero no que máis destaca é en facer mellor ás súas compañeiras”, subliñou da xogadora americana o seu novo adestrador, Antonio Pernas.

Tras varias tempadas destacando na liga Challenge co Alcobendas, Howard estreouse este pasado curso na máxima categoría do baloncesto español co Baxi Ferrol, co que promedió 12.3 puntos, 4.4 rebotes e 2.4 asistencias nos 29 partidos que disputou.

A americana é a sexta xogadora que confirma o Ensino para a tempada 2024-25 tras as súas compatriotas Lydia Giomi e Alexy Mollenhauer e as españolas Esther Castedo, Claudia Soriano e Laia Lamana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar