Publicador de contidos
Publicador de contidos

O equipo Education First correrá O Gran Camiño

O equipo Education First correrá O Gran Camiño

A organización anunciou a incorporación de Óscar Pereiro ao proxecto

G24.gal 30/11/2021 14:45

O equipo estadounidense Education First de Magnus Cort Nielsen, vencedor de tres etapas na Volta a España deste ano, correrá O Gran Camiño.

A Ponte Maceira será o emblema da etapa que transcorre pola provincia da Coruña. Unha etapa con principio no concello de Ames e final en Dumbría, no Ézaro.

A etapa foi presentada polas autoridades provinciais, presidente da Deputación, deputados e alcaldes das vilas polas que pasará a carreira.

Ademais, a organización do Gran Camiño anunciou que Óscar Pereiro se incorpora ao proxecto.

Óscar Pereiro: "Só corrín tres veces como profesional en Galicia. Esta carreira é fundamental para os rapaces que empezan no ciclismo".

Ciclistas de varias xeracións como Xosé Anxo Vidal ou Gonzalo Rabuñal, e mesmo algún gañador da antiga Volta Ciclista a Galicia, caso de Suso Blanco Villar, tamén amosaron o seu apoio ao Gran Camiño e aventuran emocións fortes na ruta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar