Publicador de contidos
Publicador de contidos

Luis Mateo Díez recibe o Premio Cervantes, a máxima distinción das letras en castelán

Luis Mateo Díez recibe o Premio Cervantes, a máxima distinción das letras en castelán

O Paraninfo da Universidade de Alcaldá de Henares acolle o acto, presidido polos reis

G24.gal 23/04/2024 14:56 Última actualización 23/04/2024 15:12

Como cada 23 de abril, e coincidindo co aniversario de Miguel de Cervantes, o paraninfo da Universidade de Alcalá de Henares acolleu o acto de entrega do máximo galardón literario da lingua castelá.

O rei entregou o premio a Luis Mateo Díez co que o xurado quere recoñecer o escritor como un dos grandes narradores, herdeiro do espírito de Cervantes. No seu discurso, Luis Mateo Díez fixo un repaso pola súa vida literaria e polos seus personaxes inspirados nas lecturas do Quixote: "Vivo entregado ás miñas personaxes xa que eles son os que me salvan a min".

"En cada obra Díez formula novos retos e acrecenta o legado dos grandes fabuladores da literatura universal. É unha honra facer entrega do maior galardón das letras en lingua castelá a Luís Mateo Díez", manifestaba o rei Filipe VI na entrega do galardón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade