Publicador de contidos
Publicador de contidos

O esloveno Zan Mark Sisko toma a remuda de Hollatz no posto de base do Breogán

O esloveno Zan Mark Sisko toma a remuda de Hollatz no posto de base do Breogán

En 2021 logrou a Copa de Alemaña co Bayern

G24.gal 21/06/2023 11:42 Última actualización 21/06/2023 11:47

O Río Breogán e o base internacional esloveno Zan Mark Sisko chegaron a un acordo para que o xogador forme parte do equipo celeste na tempada 2023/24. Con 25 anos e 1,91 m, procede do Bayern de Múnic.

Sisko é un base director de 1,91 m con bo físico, talento e gran capacidade de pase que conta con experiencia en Euroliga onde xogou co Bayern as tres ultimas tempadas.

O internacional esloveno comezou a súa carreira no seu país co Union Olimpija Ljubljana e o LTF Castings Skofja Loka. Antes de chegar ao Bayern en 2019 pasou por Cibona de Zagreb croata, o Irilija Ljubljana e o SIXT Primorska Koper esloveno co que gañou liga e Copa en Eslovenia en 2019.

En 2021 logrou a Copa de Alemaña co Bayern.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade