Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Estado volve entrar no accionariado de Telefónica

O Estado volve entrar no accionariado de Telefónica

O Goberno considera á Telefónica unha empresa estratéxica

O Estado, a través da SEPI, compra o dez por cento da compañía para contrarrestar a entrada na compañía de STC

Os sindicatos agardan que coa entrada do Estado melloren as condicións do ERE que está en marcha

G24.gal 20/12/2023 14:44

O Estado, a través da SEPI, volverá ser o máximo accionista de Telefónica. Agora co dez por cento, a metade do que tiña en 1997 cando o Goberno de José María Aznar privatizou a compañía. Teléfonica é unha empresa estratéxica, e esa condición estaba en perigo despois de que en setembro STC, compañía xestionada polo Estado de Arabia Saudita, se convertera no primeiro accionista.

A operación ten un custo de arredor dos 2.500 millóns de euros. O Goberno asegura que se lle dá estabilidade á compañía para que poida, dixo a vicepresidenta primeira, Nadia Calviño, lograr os seus obxectivos estratéxicos. Queda por ver tamén como afecta este movemento ao ere que estaba en marcha.

Outra dúbida por resolver é se a entrada da SEPI no accionariado de Telefónica vai ter repercusión na presidencia do grupo. De momento, algúns analistas consideran que deste movemento sae reforzado o actual presidente, José María Álvarez Pallete. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade