A circulación do estreptococo A mantén as autoridades sanitarias vixiantes
A circulación do estreptococo A mantén as autoridades sanitarias vixiantes
Din que non hai motivos para a alarma social porque é unha bacteria coñecida que responde aos antibióticos
Tras a morte de dous nenos en Madrid, os pediatras insisten en que non hai motivo para unha alarma social. Din que o estreptococo A é unha bacteria coñecida e habitual nas consultas, que responde ben ao tratamento con antibióticos. Non hai indicios de que se trate dunha nova variante en circulación.
"Na maioría dos casos produce enfermidades leves, as clásicas anxinas, as infeccións da pel incluso escarlatina, facilmente diagnosticadas e tratadas con antiobióticos", di o pediatra Fernando Álvez.
A explicación ás infeccións máis graves parece estar nunha maior circulación da bacteria. E é que en plena epidemia do virus respiratorio sincitial e da gripe, os expertos apuntan que tamén hai un maior movemento de estreptococos tras a pandemia.
"A poboación infantil non estivo moi exposta aos virus e bacterias e píllaos sen capacidade inmune. Agora xa se atribúe o que está sucedendo a que hai maior circulación de estreptococos que en momentos nos que non había pandemia", explica o pediatra.
Con todo, as autoridades sanitarias investigan os casos novos.