Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Euribor baixa por quinto mes e marca o mellor dato dos últimos dous anos: 3,05

O Euribor baixa por quinto mes e marca o mellor dato dos últimos dous anos: 3,05

Para os que lles toque revisar a hipoteca, o aforro pode ser considerable: cun préstamo medio de 150.000 euros a 25 anos poden aforrar uns 930 euros ao ano

"Nun ano estaremos movéndonos en tipos do 2 ou 2,5 por cento. Polo tanto, creo que o máis conveniente é actuar con prudencia", explica o avogado tributario Carlos del Pino
 

G24.gal 06/09/2024 14:11

O Euribor dálles un respiro aos hipotecados. Por quinto mes consecutivo baixan as cotas das hipotecas de xuro variable, a maioría das que contratan no país. Son as que máis sufriron coa suba dos tipos de xuro acometida polo Banco Central Europeo hai dous anos. 

"A min subiume 130 euros", conta unha muller. Outra di que ao seu irmán lle subiu 220 "ou por aí".

Para os que lles toque revisala, o aforro pode ser considerable. Cun préstamo medio de 150.000 euros a 25 anos poden aforrar uns 930 euros ao ano. 

"Eu creo que podería baixar un pouco máis, pero depende de como che coincida, se che toca revisión cando hai a baixada", comenta unha muller. 

Co Euribor á baixa son moitos os que cren que é un bo momento para renegociar a hipoteca co banco. Pero os expertos aconsellan esperar.
 

"Eu creo que nun ano estaremos movéndonos en tipos de entorno ao 2 ou 2,5 por cento, por tanto creo que o máis conveniente é actuar con prudencia, con cautela", explica o avogado tributario Carlos del Pino.

O Euribor descendeu en agosto ata 3,166 por cento, o retroceso é o maior dos últimos 15 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar