O euríbor frea a escalada, pero non baixa do 4 %
O euríbor frea a escalada, pero non baixa do 4 %
A caída do euríbor non se nota nas hipotecas
A cota mensual dispárase ata o máximo nivel en 14 anos e chega aos 600 euros
O euríbor segue sen baixar do 4 por cento. A pequena tregua do mes de agosto parecía un dato esperanzador, pero non logrou reducir a presión hipotecaria. A cota acada o nivel máis caro en 14 anos.
O incremento dos tipos de xuro, que están no 3,3 por cento, pon a contía mensual media nos 600 euros. Por outra banda, o requirimento dunha maior cantidade de fondos propios para acceder ao proceso de compra provocou unha redución das hipotecas.
Para os que carecen de aforros, a compra de vivenda convértese en algo inaccesible. Con esta situación, a firma de hipotecas encadea catro trimestres consecutivos á baixa. Entre abril e xuño caeu un 14 por cento.