Publicador de contidos

Publicador de contidos

O euríbor pechará o ano por debaixo do 2,5 % tras nove baixadas consecutivas

O euríbor pechará o ano por debaixo do 2,5 % tras nove baixadas consecutivas

O euríbor a doce meses é o indicador máis usado en España para calcular as hipotecas variables

Nunha hipoteca media de 150.000 euros supón un aforro de máis de 1.200 euros ao ano

G24.gal 29/12/2024 09:29

O euríbor a doce meses, o indicador que máis se usa en España para calcular as hipotecas variables, aproxímase a pechar decembro arredor do 2,434 %. Será a novena caída consecutiva, e supoñerá un novo aforro de máis de 1.200 euros ao ano, nunha hipoteca media de 150.000 euros a 25 anos, algo máis de 100 euros ao mes.

Quedan dúas sesións para que finalice decembro pero o euríbor xa alcanza de forma provisional a taxa media do 2,432 %, inferior ao 2,506 % de novembro, e sobre todo, ao 3,679 % de hai un ano.

O euríbor comezou o ano no 3,609 %, despois subiu ao 3,671 % en febreiro; e en marzo, escalou ata ao 3,718 %.

En abril iniciou unha senda descendente que se mantén ata a actualidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade