O euribor sobe ao 3,3% e encarece as hipotecas de tipo variable
O euribor sobe ao 3,3% e encarece as hipotecas de tipo variable
Esta suba vaise traducir nun aumento das cotas das hipotecas variables que se teñan que revisar agora
O euribor sitúase este xaneiro no 3,3 %, o valor máis alto dende 2008. Esta suba vaise traducir nun aumento das cotas das hipotecas variables que se teñan que revisar agora. Subirán de media uns 300 euros ao mes, o que supón pagar 3.600 euros máis ao ano.
Unha suba que destaca sobre todo pola velocidade coa que se produce. Hai só un ano, en xaneiro de 2002, o euríbor estaba en valores negativos.
Unha suba que destaca sobre todo pola velocidade coa que se produce.
É a cifra máis alta dende 2008, cando comezara a baixada. As cotas das hipotecas encareceron nun ano de media uns 300 euros. Cada vez ofértanse menos hipotecas a tipo fixo. Expertos apuntan que o euríbor aínda podería medrar ata o 4 % pero esperan que cara final de ano se estabilice.