Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Eurobasket amosou o paso adiante dado por Raquel Carrera e Paula Ginzo

O Eurobasket amosou o paso adiante dado por Raquel Carrera e Paula Ginzo

Carrera foi a xogadora máis empregada por Méndez, con máis de 32 minutos por partido

Ginzo foi a primeira rotación no xogo interior e respondeu con seis puntos de media en 15'4 minutos

G24.gal 26/06/2023 21:16

A selección española feminina acabou o Eurobasket coa medalla de prata. Perder a final sempre é duro pero o campionato deixa moitas cousas positivas. Entre outras, o comportamento das dúas xogadoras galegas, que representan o futuro do baloncesto español. 

Raquel Carrera (21 anos, Ourense) foi a xogadora máis empregada por Miguel Méndez. Estivo na pista case 33 minutos por partido. E ocupou o segundo posto do equipo tanto en valoración (13'8), como en puntos (10'3) e rebotes (5,7). Uns números extraordinarios para unha xogadora que está chamada a marcar unha época. 

Paula Ginzo (25 anos, Ourense) tiña outro papel. O de axudar desde o banco na rotación interior. Realizouno á perfección. A ex xogadora do Ensino xogou máis de 15 minutos por partido nos que acreditou 6 puntos, 1'7 rebotes de media e porcentaxes no tiro de 2 do 50 %. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos