Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Eurogrupo pide aos países que reduzan déficit e débeda pública

O Eurogrupo pide aos países que reduzan déficit e débeda pública

Insiste en que é momento de consolidar os orzamentos dun xeito realista

G24.gal 13/07/2023 20:54

Os países da zona euro acordan deseñar os seus orzamentos do 2024 centrándose na consolidación das súas finanzas públicas. O Eurogrupo e tamén a Comisión Europea destacan que é momento de reducir os déficits e débedas.

O Eurogrupo pide aos países que reduzan os seus déficits e débedas públicas
Para o Eurogrupo, as axudas extraordinarias por mor da pandemia e logo ante a crise enerxética e de inflación foron necesarias. Europa escapou así aos choques externos e protexeu os máis vulnerables.

Pero agora o escenario é diferente. O Eurogrupo e a Comisión Europea insisten en que é momento de consolidar os orzamentos dun xeito realista. E piden reducir os déficit e niveis de débeda pública ao mesmo tempo.

Se España retira todas as axudas extraordinarias pola crise enerxética aforraría case 10.000 millóns de euros, pero o Goberno aínda non se comprometeu con Bruxelas cales manterá e cales retirará. 

"Fixemos os deberes, cumprimos os compromisos fiscais nos últimos catro anos, imos seguir cumprindo este ano e o próximo. A senda de redución do déficit e da débeda foi avalada polas institucións europeas e, polo tanto, podemos liderar unha reforma das regras fiscais que é moi necesaria", di Nadia Calviño, vicepresidenta do Goberno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar