O Eurogrupo pide centrar as axudas públicas nas empresas e nas familias para conter a inflación
O Eurogrupo pide centrar as axudas públicas nas empresas e nas familias para conter a inflación
Calviño mellora a previsión de crecemento de España en 2022 e redúcea para 2023
A vicepresidenta primeira do Goberno e ministra de Economía Nadia Calviño mellorou a previsión de crecemento de España ata o 4,4 % para este ano.
Rebaixa, porén, seis décimas a do 2023 e déixaa no 2,1 %. No Eurogrupo, a vicepresidenta insistiu en que era prudente, porque os indicadores económicos españois amosan mellor comportamento.
España sumouse a Francia, á Comisión Europea e a varios socios máis da UE ao advertir que plans anticrise unilaterais como o de Alemaña, con 200.000 millóns de euros, poden afectar a toda a zona euro.
España, en mellor posición que Europa, cre Calviño
Para evitar unha saída a dúas velocidades desta crise, o Eurogrupo pediu aos países da moeda única centrar as axudas públicas nas familias e empresas máis afectadas pola inflación e o encarecemento da enerxía.
A vicepresidenta Calviño cre que España está en mellor posición que Europa grazas ao crecemento do 4,4 %.
"Agardamos un crecemento en 2022 incluso superior ao que previmos a comezos de ano", dicía Calviño.
Asegurou que os orzamentos do Estado para este ano se están facendo cun escenario macroeconómico prudente. A ministra asegurou que a previsión de medrar o 2,1 % en 2023 estaría por riba tanto da media da Unión Europea como da zona euro.