Publicador de contidos
Publicador de contidos

O exército ruso bombardea un edificio de vivendas e unha gardería en Kíiv

O exército ruso bombardea un edificio de vivendas e unha gardería en Kíiv

Este barrio tamén foi bombardeado en marzo e a finais de abril, coincidindo coa visita do secretario xeral da ONU António Guterres

G24.gal 27/06/2022 08:08

Novo ataque a Kíiv, cun morto e seis feridos. O exército ruso bombardeou un edificio de vivendas e unha gardería.

Unhas horas antes do comezo do cumio do G7, o exército ruso disparou varios mísiles contra a capital ucraína Kíiv.

Os proxectís alcanzaron un edificio de vivendas e unha gardería infantil, segundo informou o alcalde da cidade.

Hai polo menos un morto e seis feridos, entre eles unha pequena de sete anos e mais a súa nai. Este barrio tamén foi bombardeado en marzo e a finais de abril, coincidindo coa visita do secretario xeral da ONU António Guterres. Os líderes do G7 condenaron os bombardeos en zonas civís.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade