Cargando resultados...
O ex-xefe de ETA Kantauri declara polo asasinato de Miguel Ángel Blanco
O ex-xefe de ETA Kantauri declara polo asasinato de Miguel Ángel Blanco
É o terceiro dirixente da organización interrogado
O xuíz García Castellón investiga a responsabilidade de tres ex-xefes etarras
G24.gal
17/10/2022 08:24
O histórico dirixente de ETA José Javier Ruiz Arizkuren, Kantauri, volve hoxe aos xulgados. Está citado a declarar perante o xuíz da Audiencia Nacional Manuel García Castellón, que investiga o asasinato de Miguel Ángel Blanco hai 25 anos.
Kantauri é o terceiro ex-xefe etarra que será interrogado polo maxistrado, que investiga se varios membros da cúpula de ETA ordenaron o secuestro e non impediron o asasinato do edil popular de Ermua nas 48 horas posteriores ao seu rapto en xullo de 1997.
No auto, o maxistrado destaca que ETA era unha organización piramidal e xerarquizada e que os seus xefes podían ordenar ou evitar o ocorrido con Miguel Ángel Blanco.