Publicador de contidos
Publicador de contidos

Milleiros de persoas marchan no 8M malia a división no feminismo

Milleiros de persoas marchan no 8M malia a división no feminismo

Os membros do Goberno de coalición foron xuntos na mesma protesta, con pancartas diferentes

G24.gal 08/03/2023 20:50 Última actualización 08/03/2023 22:15

Aínda que con pancartas diferentes, os ministros do Goberno de coalición marcharon xuntos na manifestación convocada pola comisión 8M. En representación do PSOE, a vicepresidenta Nadia Calviño, Isabel Rodríguez, María Jesús Montero ou Diana Morant.

De Podemos, encabezaba a pancarta a ministra de Igualdade Irene Montero. As reinvindicacións da marcha foron as que defende a formación morada: a plena inclusión do colectivo trans na loita feminista, e que non se reforme a lei do só si é si.

A outra gran manifestación foi a convocada polo Movemento Feminista de Madrid en defensa da abolición da prostitución e en contra da lei trans, motivos polos cales os manifestantes pediron a dimisión de Irene Montero.

Os principais colectivos feministas reclamaron que as polémicas do momento non fagan esquecer cuestións como a fenda salarial ou a violencia de xénero. No que vai de ano dez homes mataron as súas parellas en España, e 13 nenos quedaron orfos pola violencia machista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade