Cargando resultados...
O festival de Cans pecha este sábado cinco días de cine e música
O festival de Cans pecha este sábado cinco días de cine e música
A actriz María Vázquez recibiu este venres o premio Pedigree e conta xa coa súa estrela no torreiro
Un coloquio con David Trueba, a entrega dos premios do concurso de curtas e a actuación de The Rapants pechan mañá o festival
G24.gal
24/05/2024 21:12
Última actualización 24/05/2024 21:35
A actuación do grupo arousán Lontreira puxo a banda sonora aos actos desta tarde. Xusto antes de que María Vázquez recibira o premio Pedigree e recibira a súa estrela no torreiro.
Pasaron tamén por Cans a vicepresidenta Yolanda Díaz e o ministro de Cultura, Ernest Urtasun.
Este sábado será a última xornada, coa presenza de David Trueba, a entrega dos dos premios ás cintas gañadoras en concurso e o concerto de The Rapants, que porá fin ao certame.