Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Festival da Luz regresa ao seu formato habitual

O Festival da Luz regresa ao seu formato habitual

Unha trintena de bandas actuarán neste festival con fin solidario

G24.gal 26/08/2022 21:09

Esta tarde comezou en Boimorto unha nova edición do Festival da Luz, a cita musical impulsada pola cantante Luz Casal.

É un regreso ao grande o deste ano do Festival da Luz, porque as dúas edicións anteriores celebráronse, como todo o que se puido organizar nos últimos tempos, en medio de importantes restricións.

Así que, para ledicia do público, a cita recupera o seu formato habitual e ofrece unha trintena de concertos, con Mala Rodríguez, Depedro, Burning e Bala como cabezas de cartel, e espazos para a gastronomía, a artesanía e o deporte. 

O eclecticismo das súas propostas artísticas é un dos signos de identidade dun festival que, desde o seu nacemento en 2012, ten un fin solidario. A recadación deste 2022 irá destinada á Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias. 

Polos escenarios que inauguran os galegos Lemot, Fon Roman e Killer Barbies tamén se espera que, nalgunha das tres xornadas, pase a cantante galega Luz Casal, anfitrioa deste festival que se celebra na súa aldea natal. 

A artista adoita colaborar con algún dos seus convidados, así que súa presenza é outro dos valores engadidos da cita en Boimorto que agarda por uns 10.000 espectadores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade