O Festival de Títeres de Redondela fai 25 anos cunha programación especial
O Festival de Títeres de Redondela fai 25 anos cunha programación especial
Na edición deste ano participan trinta compañías que presentan os seus espectáculos en trece escenarios
Unha mostra recolle no Multiúsos da Xunqueira os carteis de todas as edicións, obra do artista local O Pastor
Despois de 25 anos, o Festival de Títeres de Redondela segue sorprendendo. Un total de 13 escenarios, preto de 70 espectáculos de rúa e sala e unha trintena de compañías converten en reais as historias dunhas personaxes que cobran vida con cada actuación.
O monicrequeiro Rui chega dende Portugal pero son moitas e diversas as procedencias das compañías. Tamén as formacións galegas teñen un peso importe nesta edición na que o certame celebra os seus vinte e cinco anos de existencia.
Mostra dos carteis
Na sala de exposicións do multiusos da Xunqueira percíbese ese paso do tempo con todos os carteis do festival, o seu sinal de identidade, reunidos nunha mostra que se pode visitar ata o domingo.
Ao principio as edicións ilustrábanse cos dedos das mans pero co paso do tempo quedaron curtas. A partir de entón, as novas personaxes creadas polo artista local O Pastor comezaron a viaxar en medios de transporte pouco comúns.
A organización agarda que por Redondela pasen estes días unhas 40.000 persoas.