Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Festival Mar de Mares renova o seu compromiso co medio mariño

O Festival Mar de Mares renova o seu compromiso co medio mariño

Nesta edición o mercado trasladouse á praza de abastos de Santo Agostiño

G24.gal 09/06/2024 19:17

Mar de Mares naceu na Coruña como un canto a todo o que nos dan os océanos. A undédima edición do festival mantén intacto o seu compromiso coa preservación do medio mariño e propón unha programación para todos, con exposicións, concertos, ciencia, activismo e un mercado que este ano trasladou a súa actividade á praza de abastos de Santo Agostiño.

 "Todos son artesáns con produtos reciclados e sostibles que lle dan unha volta á reciclaxe con plásticos. Creo que é unha aposta sobre a sostibilidade diferente", conta Cristina Basante, que deseña e manufactura pezas de decoración con materiais reciclados, como  o plástico.

O mercado é un unha pinga no océano de actividades que cada propón o festival. Hai faladoiros, degustacións gastronómicas, exposicións, concertos e activismo, como a limpeza dos fondos mariños que se realizará o dezaséis de xuño e que nas edicións anteriores permitiu retirar máis de doce toneladas de residuos.

Mar de Mares é  unha mirada multiangular sobre o maior ecosistema do noso planeta, fonte de enerxía, xerador de osíxeno e alimento, obxecto de inspiración para os artistas e lugar de gozo para todos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade