Publicador de contidos
Publicador de contidos

O fiscal xeral Álvaro García Ortiz xura en Palma o seu cargo ante o rei

O fiscal xeral Álvaro García Ortiz xura en Palma o seu cargo ante o rei

A cerimonia, celebrada no salón gótico do Palacio Real da Almudaina, seguiu o protocolo habitual de xuras de cargo no Palacio da Zarzuela

EFE/ Ballesteros EFE/ Ballesteros
G24.gal 02/08/2022 12:49

O fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz, xurou o seu cargo este martes ante o rei Filipe VI, nun acto celebrado no Palacio da Almudaina de Palma, e ao que asistiron o xefe do Executivo, Pedro Sánchez, a ministra de Xustiza, Pilar Llop, e o presidente do Supremo e do CXPX, Carlos Lesmes.

A cerimonia, celebrada no salón gótico do Palacio Real da Almudaina, seguiu o protocolo habitual de xuras de cargo no Palacio da Zarzuela, ata o punto de que se utilizaron a mesma mesa e exemplar da Constitución que se usan en Madrid, traídos expresamente para a ocasión.

García Ortiz, quen substitúe a Dolores Delgado, xurou o cargo sobre a Constitución, aberta pola páxina do artigo 124, o referido á Fiscalía. O ata o de agora fiscal xefe da Secretaría Técnica asume o novo cargo tras comparecer ante a Comisión de Xustiza do Congreso dos Deputados e superar o aval do CXPX con doce votos favor fronte a sete, o mesmo resultado que obtivo Delgado no seu día.

O fiscal, que deixou a Unión Progresista de Fiscais tras ser proposto para o cargo, prometeu que mentres estea á fronte da Fiscalía Xeral reforzará a autonomía dos fiscais, e garantiu firmeza contra a "secuela" da violencia machista e a trata de seres humanos, e un maior reforzo da área de menores e a Fiscalía antidroga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade