Publicador de contidos
Publicador de contidos

O funeral de Estado por Silvio Berlusconi celebrarase este mércores no Duomo

O funeral de Estado por Silvio Berlusconi celebrarase este mércores no Duomo

A capela ardente instalouse na súa residencia de Arcore e é privada

A capela ardente instalouse na residencia de Arcore e é só para achegados A capela ardente instalouse na residencia de Arcore e é só para achegados
G24.gal 13/06/2023 08:25

O funeral de Estado por Silvio Berlusconi, que foi tres veces primeiro ministro de Italia, celebrarase mañá no Duomo de Milán en presenza de autoridades da vida política, social e económica do país, encabezadas polo xefe de Estado Sergio Mattarella. 

A capela ardente instalouse na súa residencia de Arcore e é privada; só poden velalo os seus achegados. A familia decidiuno así por razóns de orde pública, e por iso non é velado na sede da súa empresa Mediaset. Mañá será declarado día de loito nacional no país. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos