O furacán Milton obriga a evacuar 5,5 millóns de persoas en Florida
O furacán Milton obriga a evacuar 5,5 millóns de persoas en Florida
É o furacán máis potente do último século
Toda Florida está en estado de emerxencia mentres o furacán sobe a categoría 5
O furacán tocará terra esta noite e agárdase vento de máis de 270 quilómetros por hora e que o nivel do mar suba entre tres e catro metros
Unha semana despois do devastador furacán Helene, que deixaba máis de 200 mortos, un novo ciclón ameaza o estado de Florida. Trátase de Milton, un furacán de categoría 5 que pode ser o ciclón máis potente do último século. As autoridades pediron a evacuación de máis de 5 millóns e medio de persoas.
O propio o presidente Biden advirte a poboación que evacuar é cuestión de vida ou morte.
Estradas colapsadas e caos polo desabastecemento de combustible nas gasolineiras.
"A xente ten medo", di unha veciña de Tampa, esta será unha das zonas máis afectadas. Os prognósticos son que o furacán toque terra esta noite. Agárdanse refachos de vento de máis de 270 quilómetros por hora e que o nivel do mar suba entre tres e catro metros, tragando edificios enteiros.
Efectos devastadores que nunha canle do tempo tratan de explicar a través da realidade virtual...
"Incrible", comenta un veterano meteorólogo que non pode evitar emocionarse ao informar da perigosidade deste ciclón.
Os primeiros en comprobar a súa virulencia foron os investigadores que ían a bordo dun avión cazafuracáns.
As autoridades decretaron o estado de emerxencia en toda Florida. O Milton podería deixar danos por valor de máis de 175.000 millóns de dólares.