O fútbol español entrégase no apoio aos afectados pola DINA
O fútbol español entrégase no apoio aos afectados pola DINA
Os efectos da DINA no Levante español manteñen paralizado o deporte. Na Comunidade Valenciana non se disputarán partidos esta fin de semana. Clubs coma o Valencia ou o Levante levan días reunindo roupa e comida coa que axudar os damnificados. Ao corpo técnico do Levante a DINA sorprendeuno na casa, en Chiva, o concello que rexistrou o récord de choiva este martes: 420 litros por metro cadrado.
Dende todas as esquinas do territorio español chegan xestos de apoio. Por exemplo, os de Vicente Moreno, adestrador do Osasuna, pero sobre todo veciño de Massanassa, un dos concellos valencianos máis castigados. O número de mortos pola DINA supera xa os 200, mentres continúan os labores de busca dos desaparecidos. O 112 leva recollidas preto de dúas mil denuncias.