Ratificado o nomeamento de Besteiro como delegado do Goberno en Galicia
Ratificado o nomeamento de Besteiro como delegado do Goberno en Galicia
O exalcalde da Coruña e exdelegado Javier Losada entra a formar parte do Consello de Estado como conselleiro electivo
Rueda sobre Besteiro: "Agardo que o PSOE non busque arranxar cuestións internas"
O Consello de Ministros ratificou este martes o nomeamento de José Ramón Gómez Besteiro como novo delegado do Goberno en Galicia, en substitución de José Miñones.
Así o anunciou este martes a portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, que tamén informou de que o secretario xeral da Presidencia, Francisco Martínez, pasará a ocupar a Delegación do Goberno en Madrid, e Carlos Prieto será o novo delegado do Goberno en Cataluña.
Xunto a eles, o Executivo nomeou este martes aos delegados do Goberno de Madrid, Galicia e Cataluña. O primeiro é o ata agora secretario xeral da Presidencia do Goberno, Francisco Martínez, qiuen substituirá a Mercedes González, que hoxe tamén foi nomeada directora xeral da Garda Civil.
O cargo que deixa Martínez en Presidencia será asumido por Judith González Pedral como secretaria xeral da presidencia, quen até agora desempeñaba o cargo de Directora do Departamento de Coordinación Técnica e Xurídica da Presidencia do Goberno. É licenciada en dereito e previamente foi subdirectora xeral de Cooperación e Coordinación Territorial do Ministerio de Xustiza e secretaria xeral da Escola de Organización Industrial.
O futuro do PSdeG: tres nomes para optar á presidencia da Xunta
A Gómez Besteiro hoxe non o vimos, si a Valentín González Formoso, na toma de posesión de José Miñones. Tres nomes hoxe con distintas responsabilidades: un, novo delegado do Goberno; outro, secretario xeral do PSdeG e alcalde das Pontes. E un terceiro, ministro de Sanidade. E nun futuro próximo, un deles, posible candidato á presidencia da Xunta. González Formoso dicía que pensa só nas Pontes.
O secretario xeral do PSdeG non agachaba a súa satisfacción pola "rehabilitación política dunha persoa inxustamente apartada", dixo do seu amigo Xosé Ramón Gómez Besteiro. E do que tamén dixo que se decide optar á presidencia da Xunta, el, González Formoso, mostraralle todo o seu apoio. Contento tamén polo nomeamento de José Miñones como ministro de Sanidade. Gaña peso o PSdeG no Goberno, á vez que suma un nome máis con vistas ás eleccións autonómicas.
Pouco máis dun ano antes das eleccións autonómicas, o Executivo de Pedro Sánchez vailles dar visibilidade aos posibles candidatos: Gómez Besteiro percorrendo Galicia como delegado do Goberno. E a José Miñones, dende a mesma mesa do Consello de Ministros.