O G-7 investirá 600.000 millóns en países en desenvolvemento ata 2027
O G-7 investirá 600.000 millóns en países en desenvolvemento ata 2027
Os Estados Unidos proporcionarán 200.000 e o resto de membros do grupo os outros 400.000
Serán investimentos en infraestruturas para contrarrestar a influencia chinesa
As crises económica e alimentaria e mais a guerra de Ucraína marcaron o encontro das sete potencias
O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, volveu presentar este domingo unha iniciativa para impulsar os investimentos en infraestruturas con 200.000 millóns de dólares para intentar minorar a influencia da China nos países con rendas medias.
A contribución estadounidense enmárcase nunha iniciativa do G-7 que permitirá investir en proxectos sostibles. Ademais dos cartos dos Estados Unidos, haberá outros 400.000 millóns por parte dos outros membros do G-7 para investimentos nos cinco próximos anos.
Tamén no cumio Biden e Johnson propuxeron prohibir as importacións do ouro ruso. Pretenden avanzar nas sancións contra Moscova pola invasión de Ucraína.
A crise enerxética, a alimentaria e a guerra en Ucraína marcaron o encontro dos líderes das sete maiores economías nos Alpes bávaros.