Publicador de contidos

Publicador de contidos

O galego Anxeliño xogará cedido coa Roma ata final de temporada

O galego Anxeliño xogará cedido coa Roma ata final de temporada

O de Coristanco asinará unha cesión con opción de compra tras romper o préstamo que o seu club de orixe formalizou no verán co Galatasaray

G24.gal 29/01/2024 13:22 Última actualización 29/01/2024 13:25

O extremo galego José Ángel Esmorís Tasende 'Angeliño' chegou hoxe a Italia para asinar a súa cesión coa Roma procedente do Leipzig austríaco no que é o segundo reforzo no mercado invernal na zaga romana.

O futbolista de Coristanco, de 27 anos, aterrou esta mañá no aeroporto de Fiumicino, nos arredores de Roma, para asinar unha cesión con opción de compra tras romper o préstamo que o seu club de orixe formalizou no verán co Galatasaray turco, segundo os medios locais.

Tras a súa chegada, Angeliño someterase ao recoñecemento médico na clínica Villa Stuart e, posteriormente, acudirá á cidade deportiva de Trigoria, onde formalizará a súa incorporación coa Roma polo que resta de tempada.

Esta tarde unirase aos adestramentos e poderá estar dispoñible para o encontro do próximo luns ante o Cagliari de Ranieri, dixeron as mesmas fontes.

Angeliño convértese así no segundo reforzo da era De Rossi como adestrador do cadro romano tras a chegada do defensa nerlandés Dean Huijsen, cedido desde o Juventus ata final de tempada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade