Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un científico galego desenvolve os antibióticos que salvarán vidas no futuro

Un científico galego desenvolve os antibióticos que salvarán vidas no futuro

Galicia é a segunda autonomía en consumo de antibióticos 

César de la Fuente nun congreso de ciencia na Cidade da Cultura
G24.gal 07/11/2021 17:04

As bacterias resistentes aos antibióticos, as "superbacterias", son, e sobre todo serán, un problema para a saúde pública a nivel mundial. Galicia, cunha poboación envellecida, é a segunda comunidade autónoma en España que máis antibióticos consome.

Na Cidade da Cultura modera un encontro sobre ciencia e tecnoloxía un dos científicos que máis sabe desas "superbacterias" coas que non poden os antibióticos, César de la Fuente.  Sería un malfeito xornalístico non achegarse a el para falar delas.

Ningún laboratorio no mundo explora o camiño que está percorrendo César de la Fuente, un bioltecnólogo coruñés de 35 anos que desde a Universidade de Pensilvania está desenvolvendo novos antibióticos usando a intelixencia artificial. 

"En lugar de ter que depender da natureza para darnos os compostos químicos, o que foron os antibióticos tradicionais, empezando pola penicilina de Fleming, o primeiro de todos os antibióticos, agora desde o seu laboratorio da Universidade de Pensilvania están intentando ensinar aos ordenadores para deseñar e producr esas moléculas que leven a descubrir novos antibióticos funcionais e efectivos contra as bacterias superresistentes", asegura o científico.

O mal uso dos antibióticos fai que cada vez sexan máis as bacterias resistentes a eles.  Isto supón estancias hospitalarias máis longas e o aumento da mortaldade no futuro próximo. 

"No 2050, en menos de trinta anos, poderían morrer dez millóns de persoas en todo o mundo, unha persoa cada tres segundos, por diversas infeccións que non remitirán cos antibióticos. Esa será a dura realidade do noso futuro sanitario a non ser que a ciencia traballe ao respecto", categoriza de la Fuente.  

O científico coruñés é premio Princesa de Girona de Investigación Científica. O algoritmo que deseñou achou máis de 2.600 péptidos, que son as moléculas que forman as proteínas, con propiedades antibióticas.

Todo para ir reemprazando os antibióticos que xa non funcionan polos antibióticos do futuro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade