O Galicia Xuventude Net R reúne máis de 400 participantes en Silleda
O Galicia Xuventude Net R reúne máis de 400 participantes en Silleda
Esta celebración consolídase como o segundo evento deste tipo mais importante do estado
Os afeccionados á informática e sobre todo aos videoxogos teñen unha cita no recinto feiral de Silleda. Alí celébrase unha nova edición do Xuventude Galicia Net, un evento que hai 21 anos e que se consolidou xa como un dos máis importantes deste sector.
Ao Xuventude Galicia Net vénse sobre todo a xogar. Algúns participantes asisten por primeira vez. Para outros, converteuse xa nunha cita obrigada. Vinte e un anos despois da súa primeira edición, o encontro do recinto feiral de Silleda consolídase como o segundo evento deste tipo mais importante do estado.
"Temos a de Bilbao, onde se xuntan 5 mil ordenadores, e esta é a seguinte en canto á súa importancia", asegura Sabino San Vicente, director xeral da Fundación Euskaltel e coordinador do evento.
O seu éxito ten moito que ver coa grande expansión que tivo o sector dos videoxogos, unha industria que factura en España mais de 3.500 millóns de euros. O confinamento fixo que o mercado medrara un 18 por cento o ano pasado.
"Os xogos estanse convertendo nos novos deportes. A rapazada está participando máis neles ca nos deportes tradicionais", asegura Sabino San Vicente.
Elliot, un dos asistentes a este encontro, participa no campionato de España deste videoxogo de carreira de coches. "Comecei coa pandemia e a partir de entón é o que leva a miña vida", conta.
Pero Xuventude Galicia Net é mais ca videoxogos. No encontro tamén hai espazo para concursos de creación dixital, software libre ou configuración de equipos.
"Hai competicións de curtametraxes, de música dixital, de ilustración dixital, de fotografía...", explica Aitor Torres, responsable da área de Arte Dixital.
Toda a actualidade do encontro tecnolóxico pode seguirse tamén en liña a través da canle de twitch e de youtube de Xuventude Galicia Net.