Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Galiverso chega ao Gaiás e permite visitar de xeito virtual lugares emblemáticos

O Galiverso chega ao Gaiás e permite visitar de xeito virtual lugares emblemáticos

O proxecto tecnolóxico é a primeira pedra do futuro Centro de Artes Dixitais de Galicia

G24.gal 20/10/2022 21:00 Última actualización 20/10/2022 21:48

Visitamos distintos lugares emblemáticos de Galicia, moi turísticos todos eles, pero dun modo diferente, dun xeito virtual. Hoxe entramos no Galiverso.

Cunhas lentes de realidade virtual e seguindo un mapa de Galicia podemos camiñar polos tellados da catedral de Tui, ollar o mar dende a lanterna da Torre de Hércules, visitar a cripta do Apóstolo ou entrar nunha palloza do Cebreiro.

De momento son doce experiencias. Todas en espazos naturais ou sitios de gran valor cultural ou histórico. As vistas dende a Muralla de Lugo, o solpor de Fisterra ou un percorrido en globo aerostático polos Canóns do Sil.

O Galiverso expandirase no futuro incorporando novas experiencias didácticas e educativas vinculadas á ciencia e á experimentación. Esta ferramenta tecnolóxica está concibida coma un espazo para difundir o noso patrimonio e o noso coñecemento a través da inmersión total que proporciona a realidade virtual.

Todo ao alcance da man, ou, mellor dito, dos ollos, na Cidade da Cultura. Este proxecto tecnolóxico, que se pode visitar de balde dende mañá, está pensando como xerme do futuro Centro de Artes Dixitais que acollerá tamén este museo Gaias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade