Publicador de contidos
Publicador de contidos

O gasto das familias comeza a sentir os efectos da suba dos tipos de xuro

O gasto das familias comeza a sentir os efectos da suba dos tipos de xuro

Os pagos con tarxeta de crédito baixan no ocio e aumentan na alimentación

G24.gal 22/03/2023 14:39

A escalada dos prezos suma máis de doce meses imparable. Primeiro a luz e os combustibles e de aí a unha suba constante dos alimentos que acumulan máis dun 16 e medio por cento no último ano.

As familias acusan agora a suba dos tipos de xuro, sobre todo, das hipotecas. "Os que revisen agora a súa hipoteca terán que facerlle fronte a un incremento de 255 euros mensuais, uns 3100 euros ao ano", di Enrique García, portavoz da OCU.

As entidades financeiras xa comezaron a notar unha diminución dos gastos con tarxeta sobre todo nas compras de ocio. É o caso do turismo, onde o descenso é do 14 %.

"Estase minguando a capacidade adquisitiva das familias que terán que destinar máis recursos ao pago as hipotecas e menos a outro tipo de bens e servizos", explican desde a organización de consumidores.

Pola contra, o uso das tarxetas revela unha suba dun 20 % dos gastos en alimentación en xaneiro e febreiro.

Son os chamados consumos inelásticos, gastos básicos en calquera familia dos que non é posible prescindir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade