Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno abre a porta a recorrer ante a xustiza europea contra o veto á pesca de fondo

O Goberno abre a porta a recorrer ante a xustiza europea contra o veto á pesca de fondo

A secretaria xeral de Pesca asegura que se están facendo os informes xurídicos preceptivos para ver a viabilidade da demanda

Imaxe da xuntanza entre a secretaria xeral de Pesca con representantes da Xunta e do sector
G24.gal 21/09/2022 17:52 Última actualización 21/09/2022 19:02

A última esperanza que lle queda ao sector pesqueiro é que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea paralice o regulamento da Comisión que prohibe a pesca de fondo en 87 áreas do Atlántico.

Os armadores están dispostos a interpoñer demandas ante o órgano xudidicial comunitario, pero din que non será suficiente sen o recurso do Estado. 
Desde o Goberno confirman que o están estudando.

"Estamos analizando xuridicamente a posibilidade de presentar ese recurso. Para ir sobre seguro hai que facer previamente esa análise xurídica para recorrer cunha base xurídica sólida para poder darlle a volta á decisión", di Alicia Villauriz, secretaria xeral de Pesca do Ministerio.

O sector confía en que coa presión de todos os países afectados se modifique o regulamento.

"Se os catro estados xuntos, España, Francia, Irlanda e Portugal, recorresen a medida moi probablemente se poida conseguir unha paralización cautelar da medida", asegura Iván López, presidente da Alianza Europea de Pesca de Fondo.

Pero o dano, din, xa está feito. Vai ser difícil conseguilo antes do nove de outubro.

"Entra en vigor o 9 de outubro, e os barcos van ter que desprazarse a outros caladoiros, seguramente onde están pescando os arrastreiros, e son artes incompatibles. Pode suceder que as frotas se enfronten entre elas polo mesmo espazo", explica Hugo González, xerente adxunto de ARVI.

Por iso, din, queimarán ata o último cartucho para paralizar unha medida que consideran devastadora para a frota galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade