Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno acorda cos axentes sociais prorrogar os ERTE por covid un mes máis

O Goberno acorda cos axentes sociais prorrogar os ERTE por covid un mes máis

Manteñen as prestacións por desemprego dos traballadores pero redúcense as exencións para as empresas

Tras o 31 de marzo, as empresas deberán adaptarse á reforma laboral

G24.gal 21/02/2022 15:03

O Goberno acordou os axentes sociais prorrogar durante un mes, ata o 31 de marzo, os expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) asociados á pandemia, mantendo as prestacións por desemprego dos traballadores pero cun redución de exencións para as empresas.

Segundo informaron fontes de UGT e CCOO, o Goberno aprobará mañá martes en Consello de Ministros este período transitorio ata o 31 de marzo, período que servirá para que as empresas se adapten aos novos modelos de reforma laboral.

Neste mes de transición, o ERTE covid -no que seguen unhas 100.000 persoas e cuxo réxime estaba en descenso este 28 de febreiro- manterá as condicións de protección dos traballadores pero as exencións ás cotas que pagan as empresas rebaixaranse en 20 puntos. Así, explican desde CCOO, pasan do 80 % ao 60 % para as empresas onde existen plans de formación, mentres que onde non se desenvolven estes plans pasan do 40 % ao 20 % se teñen 10 ou máis traballadores e do 50% a 30% no caso de 10 traballadores ou menos. A exención por ERTE por causa de forza maior será do 90 %.

Durante este mes de tránsito, as empresas deberán solicitar o cambio a un ERTE por razóns económicas, técnicas, organizativas ou de produción ou de forza maior "de acordo coa nova redacción dos artigos 47 e 4 bis da reforma laboral".

Tanto patronal como sindicatos solictaran ao Goberno un período de tránsito para adaptar os expedientes que o Executivo acordou habilitar.

Xunto a isto, tamén se acordou activar o mecanismo de protección RED para as axencias de viaxes, un dos sectores máis afectados con preto do 30 % dos seus afiliados en réxime de ERTE.
Esta cualificación, explican as mesmas fontes, realizarase nun novo Consello de Ministros.

Nos casos de ERTE provocado pola explosión do volcán na Palma, a prórroga é ata o 30 de xuño e a transición, explican desde CCOO, é automática a causas de forza maior mantendo as mesmas condicións.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade