Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno amplía os abonos gratuítos de Renfe a 2023

O Goberno amplía os abonos gratuítos de Renfe a 2023

A ministra Montero avanza que se dotará con 700 millóns a Renfe para estender esta medida en vigor desde o pasado mes de setembro

G24.gal 04/10/2022 14:28

A ministra de Facenda e Función Pública, María Jesús Montero, avanzou este martes que durante 2023 manterase a gratuidade dos abonos de Renfe de proximidade, Rodalies e Media Distancia.

Durante a conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros para presentar os orzamentos xerais do Estado de 2023, Montero avanzou que se dotará con 700 millóns a Renfe para estender esta medida en vigor desde o pasado mes de setembro.

A medida formou parte do paquete de iniciativas posto en marcha para favorecer o aforro enerxético no contexto da guerra de Ucraína.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade