Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno, ao Supremo: "A vontade do lexislador é tan clara coma a letra da lei"

O Goberno, ao Supremo: "A vontade do lexislador é tan clara coma a letra da lei"

A ministra voceira pídelle á xustiza que aplique a lei de amnistía

Feijóo desconfía da imparcialidade do Tribunal Constitucional

A vicepresidenta Díaz di que volven pasar "cousas estrañas no noso país"

A voceira do Goberno, Pilar Alegría, na conferencia de prensa deste martes (EFE/ Mariscal)
G24.gal 02/07/2024 14:32

O Goberno non entende que o Tribunal Supremo non amnistiara a malversación dos líderes do procés independentistas. E mándalle un recado ao Alto Tribunal. A letra da lei de amnistía, di a ministra voceira, Pilar Alegría, é "tan clara como a vontade do lexislador" e pídelle a xuíces e maxistrados que a apliquen. Lembra Alegría que esta lei foi aprobada por unha ampla maioría do Congreso. 

A amnistía era a grande aposta de Pedro Sánchez para a lexislatura. Dunha banda porque lle daría estabilidade a Moncloa e doutra porque lle aplanaría o terreo a Salvador Illa en Cataluña. Pero agora, o Supremo vén sementar moitas dúbidas. En Cataluña, Puigdemont, de momento, mantén o plan de volver cando haxa un debate de investidura. 

Á lei de amnistía quédalle aínda un tortuoso camiño xudicial por diante. Esquerra e Junts xa anunciaron que recorrerán o bloqueo do Supremo. A vicepresidenta Yolanda Díaz, cuestiona a decisión do alto tribunal e di que "volven pasar cousas estrañas no noso país". 

O PP presentará recurso contra a lei. Feijóo confirma que esgotará os prazos, pero constata a súa desconfianza no Constitucional. Nunha entrevista radiofónica, o presidente do Partido Popular recoñece que "temos dificultades para aceptar a imparcialidade do noso Tribunal Constitucional" porque está "trufado de dous cargos do Goberno" e iso, di Feijóo, é "inmoral".

O executivo arremete contra estas palabras. Considera que son de "extrema gravidade" e pídelle unha rectificación inmediata.

Mentres tanto, xulgados e tribunais de todo o país comezan a aplicar a medida de graza. Os últimos en ser amnistiados, os 46 policías investigados polas cargas policías do primeiro de outubro en Barcelona. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade