Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno aproba 867 millóns para a Formación Profesional dos traballadores

O Goberno aproba 867 millóns para a Formación Profesional dos traballadores

Os fondos, a cargo dos Orzamentos Xerais do Estado, serán transferidos ás comunidades autónomas

Galicia percibirá máis de 70 millóns para iniciativas formativas tanto de traballadores como de parados

G24.gal 27/08/2024 09:48 Última actualización 27/08/2024 13:55

O Consello de Ministros aprobou este martes a distribución de 867,28 millóns de euros ás comunidades autónomas para accións de Formación Profesional dirixidas á poboación activa.

Segundo informou o Ministerio de Educación, do total destes fondos, procedentes dos orzamentos xerais do Estado, 696,5 millóns estarán destinados á oferta formativa para desempregados; 145, millóns para a formación de traballadores ocupados e outros 24,8 millóns vai destinado a programas específicos convocados polas comunidades, tanto para ocupados como desempregados.

O novo sistema de Formación Profesional, segundo Educación, ofrece unha ampla variedade de formacións de diversa tipoloxía e duración, acreditables e acumulables, co fin de adaptarse ás necesidades e circunstancias dos traballadores.

Con este diñeiro, do que a Galicia lle corresponden 70.307.957 eurosas comunidades comprométense a desenvolver actuacións ata o 31 de decembro de 2025. Estas deberán estar dirixidas ás necesidades do mercado laboral en relación coas accións vinculadas ao sistema nacional de Formación Profesional.

A distribución deste montante foi aprobada recentemente polas comunidades na Conferencia Sectorial do Sistema de Cualificacións e Formación Profesional para o Emprego dependente do Ministerio.

Desde o ano 2020, o Ministerio de Educación aumentou nun 35 % estes fondos dirixidos á formación da poboación activa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade