Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno aproba dous proxectos de lei para un estatuto de bombeiros forestais e axentes ambientais

O Goberno aproba dous proxectos de lei para un estatuto de bombeiros forestais e axentes ambientais

Destaca a equiparación a xubilación dos bombeiros forestais aos urbanos coa opción anticipada, e poder acceder a unha segunda actividade en casos de  incapacidade

G24.gal 05/03/2024 08:48 Última actualización 05/03/2024 13:31

O Consello de Ministros aprobou este martes senllos proxectos de lei para establecer o marco xurídico básico dos bombeiros forestais e axentes forestais e ambientais e mellorar as condicións profesionais dun colectivo que implica a máis de 25.000 profesionais e é clave na loita contra incendios.

Trátase de "dous proxectos importantes que fan xustiza con dous colectivos capitais no noso país", e que recollen varias das súas reclamacións, asegurou a vicepresidenta e ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira, na conferencia de prensa posterior á reunión do consello de Ministros.

Entre outras das súas reivindicacións destaca a de equiparar a xubilación dos bombeiros forestais aos urbanos coa opción anticipada, e poder acceder a unha segunda actividade en casos de capacidades diminuídas para prestar servizos ordinarios por incapacidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade