Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno aproba o teito de gasto e a senda de déficit, o primero paso dos presupostos de 2025

O Goberno aproba o teito de gasto e a senda de déficit, o primero paso dos presupostos de 2025

O límite do gasto supera os 199.000 millóns, contando os fondos europeos

O obxectivo de déficit público é reducir o 3 % actual ao 2,5 % en 2025

O Goberno mellora as previsións de crecemento para este ano

G24.gal 16/07/2024 20:49 Última actualización 16/07/2024 21:05

O Goberno dá o primeiro paso no camiño dos presupostos xerais do Estado pra 2025. O Consello de Ministros aproba un teito de gasto que supera os 199.000 millóns, contando os fondos europeos Next Generation. O límite de gasto das próximas contas amplíase e alcanza así unha cifra de récord. Un teito de gasto que representa, di o Goberno, o compromiso cos servizos públicos e coa estabilidade fiscal.

"Trátase dun incremento relevante pero tamén prudente que anticipa o noso compromiso coa responsabilidade fiscal e tamén co reforzo dos servizos públicos", afirma María Jesús Montero, vicepresidenta primeira do Goberno e ministra de Facenda.

O Consello de Ministros deu luz verde tamén á senda de déficit para os próximos tres anos. Uns obxectivos de débeda pública que respectan as regras fiscais da estabilidade orzamentaria que volve pedir Bruxelas. Así, o Goberno establece que o obxectivo de déficit para o conxunto das administracións públicas deberá reducirse do 3 %  actual ao 2,5 % do PIB o ano que vén, ao 2,1 en 2026 e ao 1,8 en 2027.

"Este maior esforzo será asumido na súa totalidade polo Goberno e, polo tanto, non se lles pide un esforzo engadido ás administracións territoriais", asegura María Jesús Montero, vicepresidenta primeira do Goberno e ministra de Facenda.

O teito de gasto será remitido ao Congreso, onde non se prevé que teña problemas para ser aprobado. Dáse por feito que terá máis atrancos no Senado; a Cámara Alta xa tombou o dos presupostos deste ano, que finalmente, acabaron prorrogados.

O Goberno eleva as previsións de crecemento

O Goberno elevou catro décimas a súa previsión de crecemento económico para 2024, ata o 2,4 %, unha mellora da economía que se reflectirá tamén no mercado laboral, coa previsión de recortar a taxa de paro por baixo do 9 % en 2027.

O ministro de Economía Carlos Cuerpo detallou este martes tras o Consello de Ministros o novo cadro macroeconómico, que lanza un crecemento económico do 2,2 % en 2025 (tres décimas máis que na anterior previsión). 

Entre 2024 e 2025 o Goberno prevé a creación dun millón de empregos, ata situarse nos 22 millóns de traballadores a finais do ano que vén, unha cifra que o ministro cualificou de "histórica". Esta mellora do emprego, que chegará aos 23 millóns de ocupados en 2027, leva da man unha mellora da taxa de actividade, que pasará do 77 % da poboación activa en 2023 a pechar a lexislatura en máximos históricos co 81 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade